miércoles, 14 de julio de 2010

El tiempo es implacable....arrasa con todo, lo tambalea.. y no se puede hacer nada.

Nada.
No hay vuelta atrás pero tampoco podemos negarnos a seguir avanzando... El tiempo pasa, pasa escapándose como el agua entre los dedos.


Uno siempre anhela lo que no tiene...el tiempo se encarga de ponerlo cada vez más lejos.

Esta perspectiva negativa es absurda.

Hay posibilidades pero no dependen de mi o de ti.

Sálvese quien pueda.

sábado, 27 de marzo de 2010

si queredes apoiar esta acción de denuncia...

copiade arquivo e enviadeo a:
gabinete.educacion@edu.xunta.es

-se vos parece ben- a remitades canto antes á Consellería de Educación.

Como seguramente seguirán xordos e mudos, agradeceríavos dérades noticia empregando o correo privado dos datos básicos (nome e dni) para ter unha relación completa dos RECLAMANTES, e poder seguir presionando á Consellería para que resolvan dunha vez esta situación





"Desexo mostar a miña solidariedade co “Seminario de Filosofía de Vigo” suscribindo a queixa presentada ante a Consellería de Educación de Galicia polos asistentes ao Curso de Formación do profesorado V0901057 - Filosofía política e ciencias sociais. Perspectivas actuais. 2010.

Lamentaria que un proxecto que leva dazaseis anos demostrando a súa utilizade para o profesorado de Filosofía fose apartado do catálogo anual por unha interpretación sesgada e ordenancista da normativa que pretende exercer o Director do CFR de Vigo sobre organizadores e participantes deste seminario filosófico.

Solicito que se teñan en consideración as suxerencias realizadas polos asistentes na sesión final de avaliación do curso de referencia e sexa respectado o bo facer dos organizadores que demostraron sobradamente a súa capacidade de levar a bo término esta actividade, e sexan dignificadas as condicións materiais deste Seminario no futuro."


En a de de 2010.



Asinado:

DNI:















CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN DE GALICIA.-

Remitido vía correo-e : gabinete.educacion@edu.xunta.es
Asunto: Solidariedade Queixa Seminario Filosofía Vigo

miércoles, 21 de octubre de 2009

...que é un rito?

" -A miña vida é monótona. Pero, se me domesticas, a miña vida encherase de sol. Coñecerei un ruído de pasos que será diferente de todos os outros. Os outros pasos fanme esconder baixo a terra. O teu chamarame fóra do tobo, como unha música. E ademais, mira! Ves, alá, os campos de trigo? Eu non como pan. Para min o trigo é inútil. Os campos de trigo non me lembran nada. é ben triste! Pero ti tes cabelos cor de ouro. Cando me domestiques, será marabilloso! O trigo dourado será un recordo de ti. E amarei o ruído do vento no trigo...

O raposo calou e mirou longo tempo ao principiño:

-Por favor... domestícame! -dixo.

-Ben o quixese -respondeu o principiño-, pero non teño moito tempo. Teño que atopar amigos e coñecer moitas cousas.
-Só se coñecen as cousas que se domestican -dixo o raposo-. Os homes xa non teñen tempo de coñecer nada. Compran cousas feitas aos mercadores. Pero como non existen mercadores de amigos, os homes xa non teñen amigos. Se queres un amigo, domestícame!

-Que hai que facer? -dixo o principiño.

-Hai que ser moi paciente -respondeu o raposo-. Sentarate ao principio un pouco lonxe de min, así, na herba. Mirareiche de esguello e non dirás nada. A palabra é fonte de malentendidos Pero, cada día, poderás sentarte un pouco máis cerca...

Ao día seguinte volveu o principiño.

-Fose mellor vir á mesma hora -dixo o raposo-. Se vés, por exemplo, ás catro da tarde, comezarei a ser feliz desde as tres. Canto máis avance a hora, máis feliz sentirei. ás catro sentirei axitado e inquieto; descubrirei o prezo da felicidade! Pero se vés a calquera hora, nunca saberei a que hora preparar o meu corazón... Os ritos son necesarios.

-Que é un rito? -dixo o principiño. -é tamén algo demasiado esquecido -dixo o raposo- é o que fai que un día sexa diferente dos outros días: unha hora, das outras horas.



Así o principiño domesticou ao raposo. E cando se achegou a hora da partida:

-Ah!... -dixo o raposo-. Vou chorar.

-Túa é a culpa -dixo o principiño-. Non desexaba facerche mal pero quixeches que te domesticara...

-Si-dixo o raposo.

-Pero vas chorar! -dixo o principiño.

-Si -dixo o raposo.

-Entón, non gañas nada.

-Gaño -dixo o raposo-, pola cor de trigo.

Logo, agregou:

-Ve e mira novamente ás rosas. Comprenderás que a túa é única no mundo. Volverás para dicirme adeus e regalareiche un segredo.



O principiño foise a ver novamente ás rosas:



-Non sodes en absoluto parecidas ao meu rosa: non sodes nada aínda lles dixo-. Ninguén vos domesticou e non domesticastes a ninguén. Sodes como era o meu raposo. Non era máis que un raposo semellante a cen mil outros. Pero eu fíxenlle o meu amigo e agora é único no mundo.

E as rosas sentiron ben molestas.

-Sodes belas, pero estades baleiras -díxolles aínda-. Non se pode morrer por vós. Sen dúbida que un transeúnte común crerá que a miña rosa se vos parece. Pero ela soa é máis importante que todas vós, posto que é ela a rosa a quen reguei. Posto que é ela a rosa a quen puxen baixo un globo. Posto que é ela a rosa a quen abriguei co biombo. Posto que é ela a rosa cuxas orugas matei (salvo as dúas ou tres que se fixeron bolboretas). Posto que é ela a rosa a quen escoitei queixarse, ou encomiarse, ou aínda, algunhas veces, calar. Posto que ela é a miña rosa.

E volveu cara ao raposo:

-Adeus -dixo.

-Adeus -dixo o raposo-. Velaquí o meu segredo. é moi simple: non se ve ben senón co corazón. O esencial é invisible aos ollos.

-O esencial é invisible aos ollos -repetiu o principiño, a fin de acordarse.

-O tempo que perdiches pola tua rosa fai que a tua rosa sexa tan importante.

-O tempo que perdín polo meu rosa... -dixo o principiño, a fin de acordarse.

-Os homes esqueceron esta verdade -dixo o raposo-. Pero ti non debes esquecela. Es responsable para sempre do que domesticaches. Es responsable da tua rosa...



-Son responsable da miña rosa... -repetiu o principiño, a fin de acordarse."

Antoine de Saint-Exupéry

lunes, 14 de septiembre de 2009

Respecto

Hai cousas que non se teñen que consentir por moi sutís que parezan. O “dominio”, o universo de acción de alguén, é un ámbeto que a min me pode afectar máis ou menos pero no que non podo mais que ser mero espectador ou ó sumo aconsellador, si é que mo piden,permiten...pero ir alén disto é agresión.
Polo tanto, por favor, respecto
: con iso indicas e fas clara ofrenda do valor que me tes coma persoa,animal ou cousa.

V-a-l-o-r
.
Tesme en conta e eu a ti,Polo que es ( en toda a amplitude do verbo ser, e xa non soio en presente senon én tódolos tempos verbais posibles). Son unha persoa, autónoma e independente coa que tí podes interactuar si-e-soio-si se te permite. Non podes irromper na vida ou decisións de ninguén sin permiso explícito, ó menos ofrécete e espera á determinación do outro. Sen intervir impunemente! Sen impor, sen obrigar, sen violentar ,atosigar,manexar,manipular,dominar,abarraxar,astrinxir,utilizar (...)




lunes, 8 de junio de 2009

HOME: Corresponde escribir o resto da historia xuntos




O importante non é o perdido, o importante é o que queda.


MODERACIÓN

INTELIXENCIA

REPARTO

http://www.youtube.com/homeprojectES(pinchar no título da entrada para ver a película)

jueves, 13 de noviembre de 2008

O frívolo xa non está de moda - (di o marquetin).

Hoxe Joost Van Nispen dixo que con isto da crise até está en crise o aparello publicitario. ( ...a cousa se que está mal). Teñen que buscar novas formas de convencer pois polo visto a frivolidade xa non nos atrae. Agora o público fartouse que que o chamasen parvo e vanse a pór como tolos a buscar novas maneiras de chamarnos parvos .

A imaxe agora está nun segundo plano e hai que buscar a " profundidade" apelando a elementos que podemos sintetizar baixo o sustantivo: " valores" . Miña nai!!! primeiro déixannos sen eles comezando a xerar no seu público unha sensación hiperansiolítizante( non creo que exista tal palabra pero dá boa conta do que quero dicir) unha sensación de necesidade, de querer vivir rápido, rápido ,rápido....e agora nos veñen con que iso xa non se leva, agora vén o profundo! , o sosegado.
A amizade, a procura da felicidade, o amor...como valores perennes é o que vén esta nova tempada, amigos, é o que hai. Búscase a estabilidade ,a solidez ante a inestabilidade nesta contorna de crise. Volvemos ( Non vos recorda?) ao pensamento Helenístico ,as grandes escolas dunha época de crise que ofertaban solucións ao melestar dunha sociedade desarraigada ante a gran apertura de horizontes e que perdeu a súa identidade deixándoa sumida nunha sensación de angustia pois xa non tiñan unha cultura única e forte á que suxeitarse ...Os Estoicos, Epicúreos, Escépticos ...son bo exemplo deste período. Agora debemos preocuparnos por facernos cunha boa antoloxía de obras desta época que son de gran calibre, señores do márquetin, non nos traen nada novo como poden ver...

Agora que o noso capitalismo tuse ( non sabemos se é para morrer ou se se salvará- aínda que mala herba....-) todo está a tremer e non sabemos onde amarrarnos, as máscaras amosaron parte do engano e o espellismo da boa vida non é máis que fume. Agora e sempre somos nós os que necesitamos valores e non máscaras. A reputación, o verdadeiro, é o que vén ( que ben!!) xa non nos serven futiles palabras ilusionantes de fume... Non está mal señores comerciantes pero sendo o mesmo lobo ,as mesmas vimbias, os que dirixen a mensaxe e sendo a mesma finalidade a que o impulsa (mantelo consumo para mantelo sistema)...bla bla bla...qué morro tendes !!!

uf!! que tedioso...

miércoles, 5 de noviembre de 2008

The Times They Are A-Changin'

O cambio de por sí xa é un éxito, a ver que fai a nivel internacional, Amainará o neomperialismo económico??? ( utopía!!!oH! Sí!!), sería un verdadero paso adiante o apostar polo que todos queremos sen dubidar: vivir en Paz,dignamente humanos,e coma diría a poeta galega "CADA UN Ó SEU ,SEN MAIS COMPLICACIÓNS NEN METAFÍSICAS", aínda que bueno, coa escusa da crise ( e sin crise tamén) o " tudo vale" xa fede,e mais que federá...(...CAUTELA...supoño que ata dentro dun tempo non se verá como actúa ,primeiro terá que calmalas augas do seu castelo e logo revisará seus dominios...)

Bueno, bueno,sexamos optimistas, o cambio é notable, polo menos exteriormente!!! Obama ,aleluia !! ...Kumbaya My Lord!! Oh! Lord, Kumbaya!!

lunes, 20 de octubre de 2008

Sospeita e acertarás.


A sospeita apodérase da humanida-de...hai que estar atentos, vixíannos...soa a psicótico pero hoxe lin que con isto da crise os que máis traballo teñen son os detectives...non precisamente porque o empregado cha esé dando ( que posiblemente sexa así, e tan normal que é, a lei do menos parvo:" ti lévaste o plusvalor, ou sexa , a miña vida, eu lévome a pseudo alegría de
"meterche un gol"
sempre que non me vexas..." isto sóame ao grego aquel...non? ) bueno, o caso é que teñen moito traballo pero... polo visto os que os contratan, aínda a pesar de aforrarse moito pecunio , amólalles ao final pagar... uf! ditosa pescada e ditosa a cola!!!!
Bueno, dicía ó principio ... e
"non precisamente porque o empregado estéacha dando "
porque do que se trata a final de contas é de aforrarse un soldo, un contrato e unha imdemnización..! que listos estes xefes!!

Xa os "tres filósofos da sospeita"( oh! que grandes!!!) estaranse a remover na súa tumba pensado que os seus auspicios non se fan realidade, é o malo de facer mesiánicas lucubracións! ( eu aínda sigo creendo nelas...)

martes, 2 de septiembre de 2008

O TETRAFÁRMACO

Parece que o tempo nos da na cara coas cousas e aínda así non aprehendemos... Xa Epicuro tentou atopala fórmula que nos permitise acadala felicidade e nos proporcionou un, chamado por el: TETRAFÁRMACO.

Imos ver: catro elementos debemos evitar :

-MEDO á MORTE: é algo absurdo e ademais irracional pois os átomos que configuran o noso corpo non desaparecen senón que se transforman ( coma vedes ou seu absoluto materialismo para nada fai referencia á alma, ó amor, ó sublime mais alá da morte... nada deso, a morte é o fin e punto pelota) Pois a morte non é nada posto que cando é , nós xa non somos... ( aínda así é inevitable sentir pavor ante o fin!! que non se pode evitar!!!)

Outro dos seus fármacos vai contra:

-O MEDO ÓS DEUSES: Éstes non se preocupan dos asuntos humanos, ten mellores cousas que facer que perder o seu infinito tempo coas psicóticas preocupacións que nos roldan... para que se van a molestar se somos un caso a parte!

Outro dous medos que nos angurian é:

-MEDO Á DOR: Dínos Epicuro que en calquera caso é soportable se é pequena será pasaxeira se é forte terá fin polo que non nos debe preocupar... ( que valente noso Grego! coido que nunca lle deu lumbago, otitis ou ciática... uf! disto estou segura...)

Ou último:

-MEDO Ó FRACASO: Dínos que a felicidade non debe depender de factores externos a nos mesmos: a opinión dos demais é algo externo, as posibles recompensas aos nosos actos son algo externo... só o sabio é coñecedor disto pois é autónomo e equilibrado... O existencialismo Jasperiano di ... ese mesmo medo ó fracaso é o que nos fai decatarnos da nosa efémera existencia!! só ante feitos como o fracaso nos damos conta da necesidade de cambiar as nosas vidas, de vivila de forma auténtica... Pero queridos meus, ou tempo non termina de darlle a razón ( aínda que dalgunha maneira a teña...) seguimos temendo as mesmas cousas, seguimos cometendo os mesmos erros.... Estes son os catro elementos dos que debemos fuxir para poder ser felices e ademais destes fármacos non ofrece aqueles elementos que realmente nos proporcionan felicidade, vexamos cales:

-O PRACER DE ESTAR VIVO. debemos evitar aqueles praceres que nos cren dependencia ( tratar de ser libres para ser felices!!) provocarían en nos o efecto contrario ó que buscamos : insatisfacción.
-Debemos tentar, dínos el, discernir o verdadeiramente valoso: A AMIZADE. Esta é exaltada polo noso fantástico pensador , esta, a amizade é un dos maiores praceres dos que se pode gozar , quizais o verdadeiramente valioso da nosa existencia . Sabio aquel que a coida pois "...é con moito a maior adquisición..."



Queridos amigos meus, SER FELICES.

domingo, 29 de junio de 2008

...que pasa?

Todo o mundo en silencio salvo certos instantes de sutís chillidos desesperados ou evidentes signos de alegría eufórica ... o mundo paralízase e todo importa pouco: nin a pseudo-crise, nin a fame, nin a miseria, nin a insoportable subida do petróleo ou a luz, o gas ,a comida....uF!( nin Komplizeak nin ertz maitea...nin nada..) os meus exames ou a defensa da tese doutoral doutros!!!! QUE PASSAAA! .Quedo perplexa ante o seu poder, o poder do círculo que emboba a un pais até o punto de non circular un coche ,de poder escoitar o canto indiferente dos poucos paxaros que aínda quedan!
O positivo é ese tremendo rexurdir nacionalista , un nacionalismo tan san como idiota (por non ter política, que non é pouco...) Todos están pendentes do resultado.. e logo...algo cambia? ..nada todo sigue igual ...que pena non utilizar esa forza para causas realmente importantes... claro que para eles nada é máis importante... polo menos nestes 90 minutos máis descontos...E LOGO XA SE VERÁ... PARA QUE PENSAR MENTRES TANTO...deixémonos levar ...total seica gana
ESPAÑA,
...
deixémonos levar....

jueves, 26 de junio de 2008

...

Pasa o tempo, faise eterno e non hai sinal algunha. Quizais o que sucede é que non sei ler os indicios ...ou é que non existen e esquézome de que nada é, e aínda que fose, sería incognoscible... e aínda podendo coñecelo sería incomunicable...será iso será... non,non que non é

miércoles, 18 de junio de 2008

Aquí eu e a miña nova circunstancia hipotiroidea... por si me vedes e non me recoñecedes sabede que non son eu, é meu tiroides asasino que me está metamorfoseando paseniñamente... pasarame coma a Gregor Samsa ? Bueno, sempre me quedará rodar e rodar, rodar e rodar...

Titánico proxecto ( de fondo)


Esgótase o tempo... mediranme, analizaranme, cifraranme con decimais... teño que defender que a miña talla é a ideal...e señores, sí- o -é.

Cifras, plantillas de avaliación, actitudes, obxectivos, contidos, criterios de cualificación,procedimentos,interdisciplinariedade, relación cos demai currículos educativos, bibliografía que non falte que agora a hai que por no exame!!! contaxtualización,tics.....bla,bla,bla
Seime todo o roll0, pero meu querido principiño, deixarei o corazón na casa....

(...)


Meu querido amigo se puidese explicar como me sinto enchería infinitas páxinas de horteradas baleiras: un asfixiante dicirche que estou aquí para o que sexa e que me dá tanta, tanta pena que te sintas tan sumamente triste… meu querido amigo, se amigo, empáticamente penso que se a miña parte de dor fose real, quixese morrer para non ter que pasalo…é natural polo visto ter que sufrilo algún día pero a nosa inconsciente atemporalidade fai do noso amnésico vivir un vivir para unha eternidade que non é. Meu querido amigo, sen palabras, por que non as hai.

viernes, 16 de mayo de 2008

Atemporalizados


Pero hai cousas que están alén do tempo, moi lonxe de poder ser comprendidas ou captadas pois coma diría S.Agostiño é un é que non sei que é e se tento definilo non o logro, coma a tristeza, hematófago de vida, devóraa insaciablemente deixándonos semi-baleiros, ocos por dentro sen saber nin lograr atopar que nos pode encher. Iso é , un habitante silencioso das nosas vidas que non é temporal porque é eterno e cando nos sentimos ben non é, simplemente porque non a pensamos.Non poderiamos dicir xamais:" ah! que contenta estou tristeza miña" pois esa outra non ten nome nin sentir... non existe e en cambio !que esgotadora é!, que insaciable e falta de escrúpulos esta tristeza miña que nin me deixa pensar, sentir ou reaccionar!.

miércoles, 7 de mayo de 2008

miércoles, 23 de abril de 2008

I.M.


A concepción cristiá do tempo parte das consideración que nun formato -paradoxo ofrece S. Agostiño . "o agora que non é", "O tempo é un será que aínda non é", "non ten dimensión pois cando o imos apresar desvanécese..." e continúa:" cando non mo preguntan , o sei; cando mo preguntan, non o sei" ( Confesións,XI) Pero vennos aclarar ( uf! menos mal...) que a alma é a verdadera medida do tempo: o pasado é o que se lembra, o futuro o que se espera, o presente aquilo ó que se está atento....o que realmente preocupa na Idade Media é o tempo en relación coa eternidade, para qué mais ambaxes....

miércoles, 13 de febrero de 2008

tristes tópicos...

Resulta anacrónico escoitar dicir a unha " persoa de ben" o termo " cascuda " para referirse a persoas doutra raza alegando para comprensión dos oíntes os seus fatídicos encontros con certos habitantes dun país africano... e ademais, este personaxe asegura que son eles os racistas e non el , pobre...realmente non é a ironía o que embarga a un senón a tristeza de que xente así aínda exista...

martes, 29 de enero de 2008

QUID EST ERGO TEMPUS?

Na ANTIGUEDADE...Momento de enfrontamento entre Physis ( natureza) e linguaxe ( logos, o convencional) O problematizado é aquilo que está constantemente cambiando e é o logos o que trata de fixalo, en conceptos, e.d., mencionalo. O tempo lígase ao cambiante, ao devenir constante que afecta ao natural. Do que se trataba nas orixes era intentar dar sentido ao mundo e ao ser, por iso a pregunta remite ao tempo...Ser e tempo van da man...

domingo, 20 de enero de 2008

(...)


Polo de agora non hai input -ouput neste espazo aberto á publicidade dende a privacidade, fagamos coma se non nos soupésemos escoitados nin vistos nin oidos...

lunes, 10 de diciembre de 2007

Definición...


O Tempo coma un dos fíos condutores da historia da filosofía, percorrido no que troca de senso debido á sua relación coas distintas cosmovisións. O seu estatus ontolóxico, é decir, a súa natureza é un dos núcleos do pensamento filosófico, incluso diremos que a ontología clásica é filosofía do tempo, e ademais é un dos nexos básicos entre pensamento filosófico e científico. Por todo o dito é difícil dar cunha definición que unifique tódolos seus significados…Procede unha consideración de tipo histórico ,que é o que tentarémos desenrrolar neste bloque temático adicado ó susodito TEMPO…

domingo, 9 de diciembre de 2007





“Preséntanse ante nós dúas perspectivas opostas sobre o tempo, entre as cales buscamos mediacións.Por unha banda, imponse a experiencia angustiosa da brevidade da vida, coa morte no horizonte. Agora ben, esa experiencia elemental non é unha experiencia muda. Os gemidos e as queixas convértense na linguaxe baixo o modo lírico da lamentación, que mobiliza todos os recursos da composición poética. A lamentación nútrese de toda unha sabedoría popular que expresa o paso do tempo por medio de metáforas que ofrecen infinitas posibilidades de desenvolvemento filosófico.
Así dicimos que o tempo corre, foxe, suxerindo que o seu paso, en certo xeito furtivo, impide ao presente permanecer para sempre. Dicimos tamén que as experiencias que acabamos de vivir afúndense no pasado e que nese receptáculo xa non é posible modificalas, aínda que o recordo que delas temos e que as conserva estea ameazado de destrución polo esquecemento [...]
A esta simbolización elemental da experiencia do tempo que transcorre nunha existencia demasiado breve oponse a simbolización inversa da inmensidade do tempo cósmico, que infatigable volve nos grandes ciclos dos anos, as estacións e os días. Deste tempo dicimos que o envolve todo e representámolo simbólicamente como un gran receptáculo inmóbil: así dicimos que a nosa existencia transcorre ?en? o tempo, indicando, por medio desta metáfora espacial, a prelación do tempo con respecto ao pensamento que aspira a circunscribir o seu sentido e, en consecuencia, abarcalo.?
Publicado no correo da Unesco, Francia, abril de 1991
O tempo relatado(fragmento)Por Paul Ricoeur (Francia, 1913-2005)