martes, 2 de septiembre de 2008

O TETRAFÁRMACO

Parece que o tempo nos da na cara coas cousas e aínda así non aprehendemos... Xa Epicuro tentou atopala fórmula que nos permitise acadala felicidade e nos proporcionou un, chamado por el: TETRAFÁRMACO.

Imos ver: catro elementos debemos evitar :

-MEDO á MORTE: é algo absurdo e ademais irracional pois os átomos que configuran o noso corpo non desaparecen senón que se transforman ( coma vedes ou seu absoluto materialismo para nada fai referencia á alma, ó amor, ó sublime mais alá da morte... nada deso, a morte é o fin e punto pelota) Pois a morte non é nada posto que cando é , nós xa non somos... ( aínda así é inevitable sentir pavor ante o fin!! que non se pode evitar!!!)

Outro dos seus fármacos vai contra:

-O MEDO ÓS DEUSES: Éstes non se preocupan dos asuntos humanos, ten mellores cousas que facer que perder o seu infinito tempo coas psicóticas preocupacións que nos roldan... para que se van a molestar se somos un caso a parte!

Outro dous medos que nos angurian é:

-MEDO Á DOR: Dínos Epicuro que en calquera caso é soportable se é pequena será pasaxeira se é forte terá fin polo que non nos debe preocupar... ( que valente noso Grego! coido que nunca lle deu lumbago, otitis ou ciática... uf! disto estou segura...)

Ou último:

-MEDO Ó FRACASO: Dínos que a felicidade non debe depender de factores externos a nos mesmos: a opinión dos demais é algo externo, as posibles recompensas aos nosos actos son algo externo... só o sabio é coñecedor disto pois é autónomo e equilibrado... O existencialismo Jasperiano di ... ese mesmo medo ó fracaso é o que nos fai decatarnos da nosa efémera existencia!! só ante feitos como o fracaso nos damos conta da necesidade de cambiar as nosas vidas, de vivila de forma auténtica... Pero queridos meus, ou tempo non termina de darlle a razón ( aínda que dalgunha maneira a teña...) seguimos temendo as mesmas cousas, seguimos cometendo os mesmos erros.... Estes son os catro elementos dos que debemos fuxir para poder ser felices e ademais destes fármacos non ofrece aqueles elementos que realmente nos proporcionan felicidade, vexamos cales:

-O PRACER DE ESTAR VIVO. debemos evitar aqueles praceres que nos cren dependencia ( tratar de ser libres para ser felices!!) provocarían en nos o efecto contrario ó que buscamos : insatisfacción.
-Debemos tentar, dínos el, discernir o verdadeiramente valoso: A AMIZADE. Esta é exaltada polo noso fantástico pensador , esta, a amizade é un dos maiores praceres dos que se pode gozar , quizais o verdadeiramente valioso da nosa existencia . Sabio aquel que a coida pois "...é con moito a maior adquisición..."



Queridos amigos meus, SER FELICES.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tódolos psicólogos e filósofos que debaten sobor a felicidade (según os que saen nas revistas dominicais..) confirman + ou - o que dis ó final , pero van máis ala da amizade chegando a abarcar tódolo espectro da xente que coñeces...a felicidade consiste en estar a ben coa totalidade de xente que te rodea...cousa difícil pero hay días que se consegue

unha aperta

Anónimo dijo...

Bueno, a Felicidade a entendo coma un ideal regulativo, algo ó que nos imos achegando ( ou así a percibimos) pero que nunca se acada... séntese a sua calor pois as veces estamos moi perto pero non é mais que iso, un ideal.O mais importante é creer nela.
Un saúdo.