lunes, 10 de diciembre de 2007

Definición...


O Tempo coma un dos fíos condutores da historia da filosofía, percorrido no que troca de senso debido á sua relación coas distintas cosmovisións. O seu estatus ontolóxico, é decir, a súa natureza é un dos núcleos do pensamento filosófico, incluso diremos que a ontología clásica é filosofía do tempo, e ademais é un dos nexos básicos entre pensamento filosófico e científico. Por todo o dito é difícil dar cunha definición que unifique tódolos seus significados…Procede unha consideración de tipo histórico ,que é o que tentarémos desenrrolar neste bloque temático adicado ó susodito TEMPO…

domingo, 9 de diciembre de 2007





“Preséntanse ante nós dúas perspectivas opostas sobre o tempo, entre as cales buscamos mediacións.Por unha banda, imponse a experiencia angustiosa da brevidade da vida, coa morte no horizonte. Agora ben, esa experiencia elemental non é unha experiencia muda. Os gemidos e as queixas convértense na linguaxe baixo o modo lírico da lamentación, que mobiliza todos os recursos da composición poética. A lamentación nútrese de toda unha sabedoría popular que expresa o paso do tempo por medio de metáforas que ofrecen infinitas posibilidades de desenvolvemento filosófico.
Así dicimos que o tempo corre, foxe, suxerindo que o seu paso, en certo xeito furtivo, impide ao presente permanecer para sempre. Dicimos tamén que as experiencias que acabamos de vivir afúndense no pasado e que nese receptáculo xa non é posible modificalas, aínda que o recordo que delas temos e que as conserva estea ameazado de destrución polo esquecemento [...]
A esta simbolización elemental da experiencia do tempo que transcorre nunha existencia demasiado breve oponse a simbolización inversa da inmensidade do tempo cósmico, que infatigable volve nos grandes ciclos dos anos, as estacións e os días. Deste tempo dicimos que o envolve todo e representámolo simbólicamente como un gran receptáculo inmóbil: así dicimos que a nosa existencia transcorre ?en? o tempo, indicando, por medio desta metáfora espacial, a prelación do tempo con respecto ao pensamento que aspira a circunscribir o seu sentido e, en consecuencia, abarcalo.?
Publicado no correo da Unesco, Francia, abril de 1991
O tempo relatado(fragmento)Por Paul Ricoeur (Francia, 1913-2005)