lunes, 20 de octubre de 2008

Sospeita e acertarás.


A sospeita apodérase da humanida-de...hai que estar atentos, vixíannos...soa a psicótico pero hoxe lin que con isto da crise os que máis traballo teñen son os detectives...non precisamente porque o empregado cha esé dando ( que posiblemente sexa así, e tan normal que é, a lei do menos parvo:" ti lévaste o plusvalor, ou sexa , a miña vida, eu lévome a pseudo alegría de
"meterche un gol"
sempre que non me vexas..." isto sóame ao grego aquel...non? ) bueno, o caso é que teñen moito traballo pero... polo visto os que os contratan, aínda a pesar de aforrarse moito pecunio , amólalles ao final pagar... uf! ditosa pescada e ditosa a cola!!!!
Bueno, dicía ó principio ... e
"non precisamente porque o empregado estéacha dando "
porque do que se trata a final de contas é de aforrarse un soldo, un contrato e unha imdemnización..! que listos estes xefes!!

Xa os "tres filósofos da sospeita"( oh! que grandes!!!) estaranse a remover na súa tumba pensado que os seus auspicios non se fan realidade, é o malo de facer mesiánicas lucubracións! ( eu aínda sigo creendo nelas...)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

En tempos díficiles...a sospeita é como unha sombra que nos cobre a todos...todos somos sospeitosos de algo, todos agochamos algún oscuro segredo, algunha culpa...nestes tempos ímpios onde a labor que antaño,desenrolaron e perfeccionaron durante moitos séculos,os anegados confesores da igrexa...onde hoxe "eles" non poden chegar...impónse un novo modelo máis o gusto americano...o detective ou investigador privado, autónomo...con estudos universitarios...que ven a estirpar o mal dunha sociedade caduca, en crise espiritual...
Pronto as paradas de autobús, as consultas da seguridade social, os supermercados...estarán infestadas de personaxes con gabardina e sombreiro de ala...é un sospeitoso bulto a altura das costas...

Anónimo dijo...

Tal vez deberiamos aplicar este caso á teoría dos vasos comunicantes....canta máis conciencia sindical e de clase teñan os traballadores máis dereitos sen pisotear terán.....é lamentable coma os propios empregados (maioritariamente na oficina) se posicionan do lado da dirección cando un tema é controvertido ..e ademais ningunean os sindicatos tachándoos de revolucionarios.....a esta xente (que non son poucos) tan só lles resta facer no traballo o que todos odiamos....a pelota , horas extras gratis ou a vil acusacion con nocturnidade contra compañeiros sobre a calidade do seu traballo....e toda esta conducta psicótica para evitar males coma a sospeita dos xefes.

Temos o que merecemos.

Anónimo dijo...

Canta razón tés para estar kabreado!!!
Poderoso caballero es Don Dinero...e outros teoremas de impagos, medo libre, crise...a pescadilla que se morde a cola...
As cadeas non teñen porque ser de ferro...

Anónimo dijo...

Tes razón, é vergoñento coma traballador renunciar ós dereitos voluntariamente por medo, pero non nos decatamos e non queremos decatarnos de que así o que se fai é perxudicar ós demais...mantendo as nosas espaldas a salvo...
lamentable pero hai que recoñecer que todos estamos no sistema, dentro,e coma xa dixo Marcuse dende dentro o cambio é imposible, o noso estado de benestar fainos aceptar calquer cousa a cambio de manternos fora de perigo..soio, nos dicía o de Berlín, o Lumpenproletariado pode lograr cambialas cousas pero a estas alturas xa é dubidoso: os extranxeiros queren entrar neste sistema a todo tren( normal, teoría do mal menor,aquí se vive moito millor, que mais da que te exploten, é millor iso que nada que levar á boca..)
, os xóvenes xa nacen manipulados ( e son vilmente definidos dende o marquetin coma a nova xeración tildada de " Einstein" Nin mais nin menos!!)...quen queda para cambialas cousas?
Son optimista, isto ten que cambiar,a falla dun Felix Weil da vida outro aparecerá no seu lugar...aínda que non saibamos por onde virá....

Os xóvenes serán os que traian a fórmula.