Hoxe Joost Van Nispen dixo que con isto da crise até está en crise o aparello publicitario. ( ...a cousa se que está mal). Teñen que buscar novas formas de convencer pois polo visto a frivolidade xa non nos atrae. Agora o público fartouse que que o chamasen parvo e vanse a pór como tolos a buscar novas maneiras de chamarnos parvos .
A imaxe agora está nun segundo plano e hai que buscar a " profundidade" apelando a elementos que podemos sintetizar baixo o sustantivo: " valores" . Miña nai!!! primeiro déixannos sen eles comezando a xerar no seu público unha sensación hiperansiolítizante( non creo que exista tal palabra pero dá boa conta do que quero dicir) unha sensación de necesidade, de querer vivir rápido, rápido ,rápido....e agora nos veñen con que iso xa non se leva, agora vén o profundo! , o sosegado.
A amizade, a procura da felicidade, o amor...como valores perennes é o que vén esta nova tempada, amigos, é o que hai. Búscase a estabilidade ,a solidez ante a inestabilidade nesta contorna de crise. Volvemos ( Non vos recorda?) ao pensamento Helenístico ,as grandes escolas dunha época de crise que ofertaban solucións ao melestar dunha sociedade desarraigada ante a gran apertura de horizontes e que perdeu a súa identidade deixándoa sumida nunha sensación de angustia pois xa non tiñan unha cultura única e forte á que suxeitarse ...Os Estoicos, Epicúreos, Escépticos ...son bo exemplo deste período. Agora debemos preocuparnos por facernos cunha boa antoloxía de obras desta época que son de gran calibre, señores do márquetin, non nos traen nada novo como poden ver...
Agora que o noso capitalismo tuse ( non sabemos se é para morrer ou se se salvará- aínda que mala herba....-) todo está a tremer e non sabemos onde amarrarnos, as máscaras amosaron parte do engano e o espellismo da boa vida non é máis que fume. Agora e sempre somos nós os que necesitamos valores e non máscaras. A reputación, o verdadeiro, é o que vén ( que ben!!) xa non nos serven futiles palabras ilusionantes de fume... Non está mal señores comerciantes pero sendo o mesmo lobo ,as mesmas vimbias, os que dirixen a mensaxe e sendo a mesma finalidade a que o impulsa (mantelo consumo para mantelo sistema)...bla bla bla...qué morro tendes !!!
uf!! que tedioso...
4 comentarios:
Unha especie de "eterno retorno"... de círculos concéntricos provocados pola maquinaria de consumo para vender todo o que sexa susceptible de ser vendido...non se preocupen haberá productos para todos...e no saco haberá sitio tamén para todos...
Si alguén quedou fora...na seguinte oleada ten moitas posibilidades de entrar...
Moi boa reflexión! Canto mais poder ten o diñeiro, mais estorban os valores; pero os valores tapan perfectamente o bacío que deixan os cartos. ¡Qué paradoxa! A Picota dende Barcelona
Non anonimacrónico, no saco non hai sitio para todos,..., tempo com aquilo que é susceptible de cambio, pero a cousa é que non cambia nada, a cousa é que por moito que un faga nada cambia...uf! será que eu estou fora dese tempo, será que son acrónic@...estar dentro é malo...estar fora tamén.
que tempo mais malo.
Álgo inventarán para traer de volta o capitalismo e, como sempre que algo volta, voltará forte san e máis destructivo que nunca, e se non tempo ó tempo...
Publicar un comentario